O Xaramago Asociación de Mulleres Rurales de Portomarín
Reunida a directiva da Asociación de mulleres rurales de Portomarín “O Xaramago” acordamos:
Convocar unha asamblea
xeral para o vindeiro día 7 de febreiro as 10 da noite, na casa de cultura de Portomarín,
coa seguinte orde do día:
1.-
renovación de nova directiva.
2.- Presentación das contas da asociación dende a súa constitución ata
a fecha de hoxe.
3.- propostas para novas actividades nas que poidades estar interesadas.
4.- Rogos e preguntas.
Comunicarvos tamén que o próximo día
15 de febreiro, faremos unha pequena
excursión o centro termal de “A CHAVASQUEIRA”
en Ourense, onde hai unhas augas termais, apreciadas para o tratamento
do reuma, artrite e afecións da pel, así como para os trastornos hepatodigestivos
e para as vías urinarias, entre outras cousas.
A
asociación correra cos gastos de autobús e tamén coas entradas a o recinto
da Chavasqueira, as que decidades vir solo teredes que facervos cargo do
xantar, que coma sempre, intentaremos que sexa por un prezo axeitado a todas.
Para poder acceder o recinto termal e imprescindible
levar chancas, bañador e toalla ou albornoz.
O
regreso visitaremos as vilas de o Carballiño e Cea así como unha visita o Mosteiro de Oseira.


Para poder reservar praza tanto en
as termas como de autobús e comida, necesitamos
que nos fagades saber a vosa intención de asistir antes do dia 10 de febreiro, chamando
os nosos números de sempre.
Recordarvos tamén que as que non vos acordou de facer
efectivo o importe da cota de socia do 2013 o fagades o mais pronto posible, a
cota e de 12€ coma nos anos anteriores.
As
persoas que desexen asistir a viaxe a Ourense que non sexas da asociación,
poden facelo, pero terán que aboar o
importe do autobús correspondente e a entrada a recinto termal.
Atentamente..........A DIRECTIVA DE O XARAMAGO