Como a maioría de
vos sabedes, recentemente creamos un faceebook da nosa asociación e
enviamos unha invitación a unha persoa que creo que non debía faltar entre os
nosos amigos e seguidores, que aínda que non teño a honor de coñecer, sei do
seu afán e loita diaria por conseguir aquelas metas que se propón, non
escatimando esforzos para conseguilas.
Estou
falando de esa persoa tan especial que e Iago Santalla, coñecido polos seus
artigos, dos que vos deixo este enlace para que poidades velos .
A
ti Iago, mandarche unha aperta dende aquí, e dicirche, que te admiro, que leo
os teus artigos, que me encantan as túas
reflexións e que todos debemos estar orgullosos de ter no noso concello unha
persoa coma ti. Esperamos que nos visites, será un honor para nos que deixes algún comentario. Saúdos
Ningún comentario:
Publicar un comentario