
venres, 30 de novembro de 2012
domingo, 25 de novembro de 2012
A mais maravillosa das sensacións
Hoxe, navegando pola
rede, encontrei este fermoso vídeo que comparto con vos, e que titulei "A MAIS MARAVILLOSA DAS SENSACIONS",
xa que en min espertou ese emotivo momento que e o de abrazar a un
fillo por primeira vez, unha sensación que solo nos, por esa
condición
de ser mulleres, podemos vivir con esa
intensidade, solo por iso, xa
merece a pena nacer e ser muller.
xoves, 22 de novembro de 2012
O MAGOSTO
O pasado 23 de
noviembre, a nosa asociación
colaborou co concello e coa asociación
cultural Río Miño para celebrar un magosto popular (do que xa no seu dia
deixamos en este blog un programa) para que todos aqueles que estiveran
interesados en asistir puideran facelo.
Houbo que traballar moito para levar
a cabo dito evento, e dende aquí quero agradecer a colaboración a todas as
persoas que colaboraron dende o concello, e tamén as da Asociación Río Miño,
das que tamén temos o honor de contar con algunhas delas na nosa asociación, e,
que votaron horas e horas de traballo para que todo estivera a punto.
Consideramos que, o magosto foi un
éxito, xa que retiráronse mais de 260 entradas, e creemos que se garantiu a
diversión a todos os existentes, dende os mais pequenos, que cotaban con un
colchón inchable para saltar e disfrutar,
e os mais vellos,que puidemos ver a actuación que os rapaces da Asociación Río Miño fixeron para todos nos de
una maneira informal,( xa que para todos
era festa), deleitándonos cos seus bailes rexionais e co son do seu grupo de
gaitas.
Houbo queimada, café, licores, e un
equipo de musica para poder bailar hasta as altas horas da madrugada, vaia, que
para o ano que ben........................REPETIREMOS. foi unha bonita
experiencia.
Déixovos algunhas imaxes do magosto,
das que quero pedir desculpas, xa que ademais de ser unha pésima fotografa,
tampouco dispoño de unha cámara axeitada para captar imaxes de noite e as veces
en movemento, e quero agradecerlle a Aurelio a súa amabilidade o cederme as que
el fixo.
domingo, 18 de novembro de 2012
venres, 2 de novembro de 2012
o noso paso pola ruta de sendeirismo do Rio Loio
Tamén vos deixamos este enlace por si queredes saber algo mais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)