de todo un pouco

domingo, 25 de marzo de 2012


RUTA DE SENDEIRISMO  “OS CÓBADOS  DE BELESAR”
A ruta arranca na bonita igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do sabiñao. Vai en lixeiro ascenso hasta o pobo de Galegos, e pouco a pouco chega a Diamondi, onde podemos visitar o Pazo das Cortes e a igrexa e o mosteiro de Diamondi, precioso patrimonio cultural en moi mala conservacion.



Os primeiros metros son asfaltados, xa que e o aceso o pobo de A Portela, a partir de aquí o camiño discorre por unha antiga vía romana que ia dende Monforte a Belesar en este último tramo conservase case que intacta a antiga vía romana que ten que salvar unha forte pendente en tres pronunciadas curvas, por iso recibe o nome de os cóbados de Belesar.

Durante o primeiro kilómetro é  medio, a vegetación  e moi  espesa a  os dous lados do camiño, castiñeros en primeiro  tramo para pasar a carballo , que será  o que predomine durante a maior parte do percorrido, formando carballeiras de gran beleza, onde as copas a penas deixan pasar os raios de sol. Esta falla de luz solar, en algúns tramos, crea zonas sombrizas de gran beleza, onde a cor verde do musgo cubre as pedras que forman os muros do camiño  e crea unha curiosa segunda pel nos troncos das árbores.


A pendente do camiño en este primeiro tramo e suave e contante, con un ancho de camiño de entre dous e tres metros, estando empedrado na maior parte do seu percorrido conservando case na totalidade o seu antigo trazado.
 Unha vez acabado este primeiro tramo, o camiño da un brusco xiro  a dereita, e así e como chegamos a so famosos Cóbados de Belesar. A pendente faise mais acusada, xa que temos de descender uns 300m en apenas 1 km de percorrido que nos resta para o pobo de Belesar.







             Agora os carballos son sustituidos  por muras de viñedos, algúns abandoados.  As vistas en esta parte do camiño son impresionantes, bonitas vistas do canon  polo que corre o río Miño entre marabillosas ribeiras dedicadas exclusivamente o cultivo do viño.
Por debaixo de nos xa podemos disfrutar da vela estampa que ofrece o pobo de Belesar, cò  seu embarcadoiro, desde onde parten os catamaráns que percorren o río Miño hasta o embalse de Os Peares.
200 m mais e o camiño da un novo xiro, esta vez a esquerda, facéndose o descenso aínda mais acusado, dende onde hai unha preciosa vista do pobo de Belesar e o seu entorno.
 A uns 500 metros encóntrase o pobo de  Belesar, pintoresco pobo fluvial a orillas do rio Miño que conserva o tipismo propio dende os seus comenzos, con vivendas en pedra de canteiría, fermosas galerías e calles moi estreitas.


















10 comentarios:

  1. gracia por enseñarme o meu pobo, taboada. xa que non pensei que os nosos veciños nos quixeran tanto como para poñernos na sua paxina. e certo que mourulle e bonito e non debe haber nada igual en portomarin.
    moitos saudos desde taboada

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. parece que non coñeces ben o teu pobo por que esto se tes ido a mourolle nn se parece moito. saudos

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
    3. o meu pobo e portomarín e a ruta de sendeirismo a que me refiro está en Belesar, para nada fixen referencia a Mourulle. Un saudo

      Eliminar
    4. Por suposto que Taboada ten o seu encanto, non creo que se trate de facer comparativas. De todas formas sendo esta asociacion de Portomarin non pretendemos destacar os encantos de taboada.

      si queres convidote a que no los mostres creando outro blog.

      corrixeme se me equivoco, non hay nin unha soa foto das que se mostran de Taboada.

      Eliminar
    5. se me permitides o comentario, eu son de lugo, coñezo Potomarin e tamen Taboada, visito ambos pobos con frecuencia e se me permitides Portomarín ten bastante máis que ver.

      Eliminar
  2. Temos un patrimonio magnífico. Verdadeiramente somos priviliexiados.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Penso da mesma maneira ca ti, temos que animarnos a didfrutalo coidandoo o mais que podamos. Saudos

      Eliminar
  3. a millor zona da riveira sacra para os viños como portomarin a aguardente gracias por acardarse de nos saudos o xaramago

    ResponderEliminar
  4. visitanos o próximo día 8 de marzo, celebramos a festa da augardente invitámoste a degustala xunto coas boas anguias tìpicas tamen do noso concello, grazas polo comentario

    ResponderEliminar