RUTA DE SENDEIRISMO “OS CÓBADOS DE BELESAR”
A ruta arranca na bonita igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do
sabiñao. Vai en lixeiro ascenso
hasta o pobo de Galegos, e pouco a pouco chega a Diamondi, onde podemos visitar
o Pazo das Cortes e a igrexa e o mosteiro de Diamondi, precioso patrimonio
cultural en moi mala conservacion.
Os primeiros metros son asfaltados, xa que e o aceso o pobo de A Portela, a partir de aquí o camiño discorre por unha antiga vía romana que ia dende Monforte a Belesar en este último tramo conservase case que intacta a antiga vía romana que ten que salvar unha forte pendente en tres pronunciadas curvas, por iso recibe o nome de os cóbados de Belesar.
Durante o primeiro kilómetro é medio, a vegetación e moi
espesa a os dous lados do camiño, castiñeros en primeiro tramo para pasar a carballo , que será o que predomine
durante a maior parte do percorrido, formando carballeiras de gran beleza, onde
as copas a penas deixan pasar os raios de sol. Esta falla de luz solar, en
algúns tramos, crea zonas sombrizas de gran beleza, onde a cor verde do musgo
cubre as pedras que forman os muros do camiño
e crea unha curiosa segunda pel nos troncos das árbores.
A pendente do camiño en este primeiro tramo e suave e contante, con un ancho de camiño de entre dous e tres metros, estando empedrado na maior parte do seu percorrido conservando case na totalidade o seu antigo trazado.
Unha
vez acabado este primeiro tramo, o camiño da un brusco xiro a dereita, e así e como chegamos a so famosos
Cóbados de Belesar. A pendente faise mais acusada, xa que temos de descender
uns 300m en apenas 1 km de percorrido que nos resta para o pobo de Belesar.

Agora os carballos son sustituidos por muras de viñedos, algúns abandoados. As vistas en esta parte do camiño son impresionantes, bonitas vistas do canon polo que corre o río Miño entre marabillosas ribeiras dedicadas exclusivamente o cultivo do viño.
Por debaixo de nos xa podemos disfrutar da vela estampa que ofrece o pobo de Belesar, cò seu embarcadoiro, desde onde parten os catamaráns que percorren o río Miño hasta o embalse de Os Peares.
200 m mais e o camiño da un novo xiro, esta vez a esquerda, facéndose o descenso aínda mais acusado, dende onde hai unha preciosa vista do pobo de Belesar e o seu entorno.
A uns 500 metros encóntrase o pobo de Belesar, pintoresco pobo fluvial a orillas do
rio Miño que conserva o tipismo propio dende os seus comenzos, con vivendas en pedra de canteiría,
fermosas galerías e calles moi estreitas.