O pasado día 8 de abril celebrouse no noso concello a
XLVII edición da festa da augardente, e con tal motivo, fixemos a nosa I
exposición de manualidades, na que expuxemos parte dos nosos traballos.
A exposición estivo aberta durante a meirande parte do
día a todos os que quixeron visitala, tendo gran afluencia de visitantes. Estas
son algúns dos traballos que alí expuxemos.
Algunhas de nos na
exposición coa nosa profe
Aquelas catiuscas que estaban abandoadas
Cuadros e aquelas pequenas cousas que xa non servían
Iste día 8 de abril, e con motivo da XLII Festa da Augardente, celebramos a nosa I exposición de traballos manuais na Casa do Concello.
A exposción estará aberta todo o día para quen queira visitarnos e alí expoñeremos parte dos traballos que fomos realizando o longo de nosa pequena historia como asociación.
Un pequeno problema de saude matívome uns días un pouco alonxada de estas páxinas, aínda que cada día procurei na medida do posible, ler e contestar o vosos comentarios.
Xa case que restablecida, espero que nos sigades vistando e poder seguir publicando novas cousas que podan ser do voso interese.
Mañán día 8 de abril, celebrase no noso concello o XLII Festa da Augardente, co seguinte programa de actos:
10.00 hPrendido das alaquitaras na Praza maior
11:00 hPasarruas coa banda de Taboada
12:00 hSolemne Procesión do Encontro e a continuación misa na Igrexa se San Xoán. De seguido concerto a cargo da Banda.
16:00 h Actuación da "Batucada Áxe".
5.30:00 hCabildo Xeral da Orde serenísima da alquitara nos salóns da Casa de Cultura, coa recepción dos novos Cabaleiros e Damas que ingresan na Orde, e a continuación pregón na Praza do Concello. Seguirá a este acto o concurso de augardente, proba, selección e fallo do Xurado nos soportais da Casa do Concello.
Entrega de premios os augardienteiros gañadores.
18:30Actuación do grupo de gaitase folclore galego "Río Miño".
10:00Actuación da orquestra "Breixa Band".
12:00 Queimada popular ofrecida polo concello.
Haberá exposición de artes da pesca da anguía en caneiro e de anguías vivas.
Tamén exposición de productos artesanais.
Durante todo o día no Concello haberá exposición de traballos realizados pola Asociación de Mulleres Rurais "O Xaramago".
Degustación a precios populares de filloas flambeadas con augardente e de empanada de anguía
domingo, 25 de marzo de 2012
RUTA DE SENDEIRISMO“OS CÓBADOS DE BELESAR”
A ruta arranca na bonita igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do
sabiñao. Vai en lixeiro ascenso
hasta o pobo de Galegos, e pouco a pouco chega a Diamondi, onde podemos visitar
o Pazo das Cortes e a igrexa e o mosteiro de Diamondi, precioso patrimonio
cultural en moi mala conservacion.
Os primeiros metros son asfaltados, xa que e o aceso o pobo de APortela, a partir de aquí o camiño discorrepor unha antiga vía romana que ia dende Monfortea Belesar en este último tramo conservase case que intacta a antiga vía romana que ten que salvar unha forte pendente en tres pronunciadas curvas, por iso recibe o nome de os cóbados de Belesar.
Durante o primeiro kilómetro é medio, a vegetacióne moiespesa a os dous lados do camiño, castiñeros en primeirotramo para pasar a carballo , que seráo que predomine
durante a maior parte do percorrido, formando carballeiras de gran beleza, onde
as copas a penas deixan pasar os raios de sol. Esta falla de luz solar, en
algúns tramos, crea zonas sombrizas de gran beleza, onde a cor verde do musgo
cubre as pedras que forman os muros do camiñoe crea unha curiosa segunda pel nos troncos das árbores.
A pendente do camiño en este primeiro tramo e
suave e contante, con un ancho de camiño de entre dous e tres metros, estando
empedrado na maior parte do seu percorrido conservando case na totalidade o seu
antigo trazado.
Unha
vez acabado este primeiro tramo, o camiño da un brusco xiroa dereita, e así e como chegamos a so famosos
Cóbados de Belesar. A pendente faise mais acusada, xa que temos de descender
uns 300m en apenas 1 km de percorrido que nos resta para o pobo de Belesar.
Agora os carballos son
sustituidospor muras de viñedos, algúns
abandoados.As vistas en esta parte do
camiño son impresionantes, bonitas vistas do canonpolo que corre o río Miño entre marabillosas
ribeiras dedicadas exclusivamente o cultivo do viño. Por
debaixo de nos xa podemos disfrutar da vela estampa que ofrece o pobo de
Belesar, cò seu embarcadoiro, desde onde
parten os catamaráns que percorren o río Miño hasta o embalse de Os Peares. 200
m mais e o camiño da un novo xiro, esta vez a esquerda, facéndose o descenso aínda
mais acusado, dende onde hai unha preciosa vista do pobo de Belesar e o seu
entorno.
A uns 500 metros encóntrase o pobo deBelesar, pintoresco pobo fluvial a orillas do
rio Miño que conserva o tipismo propio dende os seus comenzos, con vivendas en pedra de canteiría,
fermosas galerías e calles moi estreitas.
Aurea Díaz Cabana, muller traballadora, comprometida, rural, naceu en Taboada hai 83 anos.
Os seus traballos comezaron cedo xa que, a idade temperá morre o seu pai e faise cargo da facenda coa súa nai e irmáns.
Cásase con 19 anos recién cumpridos sendo moi pobre pero feliz. O seu marido Julio enferma gravemente cando xa teñen 4 fillos moi pequenos que, según nos relata, son "paridos no medio de palla" (no que era entón a cociña). Dos catro fillos pode disfrutar a día de hoxe de dous solos, posto que un morre ó pouco tempod e nacer e outro xa casado, pero moi novo.
Aurea tivo que traballar dende moi nena e máis dende a enfermidade de Julio, o seu cónxuxe, pero aínda así sempre procurou que os nenos/as foran á escola, para ofrecerlles un mellor futuro.
Aurea enfermou gravemente, pero a súa fortaleza e as gañas de vivir foron dabondo como para sacar adiante a familia que tanto custou formar.
A día de hoxe é unha de tantas mulleres dignas de admiración... Damoslle as grazas por compartir a vida con nós.
Prometemos un vídeo feito no día de hoxe, no que o Concello pretende rendirlle unha íntima homenxe, e a traveso dela, ás moitas veciñas, donas que con forza e humildade van marcando a nosa historia máis cercana.
A esa muller do rural galego, que mantivo a unión da familia e levantou a economía da casa. A esa muller á que nunca se lle fixeron homenaxes, porque non os necesita nin os quere, vai o noso máis sinxelo recoñecemento.
Compartimos uns anaquiños da conversa que mantivemos con Aurea:
Ahora que todo omundo valora o traballo da muller rural,que creen
que merecemos un recoñecemento que pensamos nos?.
Porque
aínda que sexamos invisibles ou ignoradas, creo que andamos po los 7 millóns de
mulleres , que vivimos ene pro campo,
cotizando a seguridade social como tales .
Representamos
un papel de soporte familiar, colaborando en todas as tarefas tanto físicas no
campo e nas nosas explotacións gandeiras como económicas na casa.
Ademais
coa escusa da crise, moitas preferimos irnos a cidade, onde se nos poñen as
cousas mais fáciles, xa que o noso medio se non o remediamos pouco a pouco vai
languidecendo a favor do medio urban.
Gustaríame
resaltar quea muller no ámbito rural
ocupa os postos mais baixos, menos cualificados e peor renumerados.
E
que vos vou contar, despois de vir do campo hai que facer as tarefas da casa,
(o día que non están feitas ese día tes visita), ir a compra e procurar que a
nosa familia non lle falte nada, en ningún sentido, que os nosos fillos e o
home, cando abran o armario, teñan a roupa en perfectas condicións para poñela,
que a neveira esta chea, que a horta e o xardín estean coidados, o coche listo
para sair, etc………………………..
Pero
por sorte para nos todo isto está a cambiar………………
La mujer no quiere una mirada, quiere una sonrisa.