de todo un pouco

Amosando publicacións coa etiqueta Actividades para este verán 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades para este verán 2014. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de xullo de 2014

Actividades para este verán 2014

 PRÓXIMAS ACTIVIDADES



                  
Oxaramago Mulleres Rurais 

                A directiva de O Xaramago en unha reunión recente, acordou establecer un calendario para as próximas actividades, que e o seguinte:

O próximo día 23 de xullo,(mércores)  realizaremos unha vista a Mariña Luguesa, visitaremos  foz , Viveiro, Praia das Catedrais...  e pasaremos boa parte do día en unha praia da zona que decidiremos sobre a marcha.

O transporte corre a cargo da asociación e a comida, decidimos que cada unha se faría cargo da súa e será de bocadillo para non perder tempo  para comer;  a saída será  coma sempre da praza do concello as 9 da mañá .

Si hai algunha persoa que non sexa socia que desexe acompañarnos recibirémola encantadas, pero tera que pagar o custo do autobús.

Programamos outras dúas saídas a praia para os días  6 e 27 de agosto ; cada día iremos a un sitio distinto que iremos decidindo entre todas.

 O centro de Artesanía e Deseño subvenciónanos un curso de elaboración de xabóns, (cubre os gastos docentes), os materiais necesario correran a cargo de cada unha das socias e será de aproximadamente uns 35€ por persoa. Proximamente concretaremos fecha e lugar para a realización de dito curso.

Cabe tamén a posibilidade de facer un curso de automaquillaxe, faríase en grupos de 3 persoas, con unha duración de 3 horas a convir, o custo por persoa seria de 48€, inclúe os materias que se utilizan.

Se estades interesadas en participar no curso de cestería que se está a impartir no Cruceiro aínda podedes apuntarvos.

Recordarvos as que non pagastes a cota de socias, que o fagades o antes posible facendo constar, cando fagades o ingreso, cuota 2014, importante para nos poder contabilizar  quen a abonou e quen non.

Xa sabedes que coma sempre podedes chamar a os nosos teléfonos para informarvos mellor :
                                                   Lola.......................600 318 163
                                                   Isolína...................619 287 881
                                                   Aurora..................670 580 759
                                                   Mº Carmen...........657 485 853

                                        

                                                                                                      Un saudo .........O  Xaramago