de todo un pouco

Amosando publicacións coa etiqueta Orellas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orellas. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de febreiro de 2012

ORELLAS

Como nestas datas son moi típicas as orellas e os freixós ou filloas, deixovos as receitas para que provedes a facelas e disfrutalas con quen mellor vos guste.





ORELLAS:

INGREDIENTES:
800 gr de fariña
2 ovos
 
1 vasiño de anís
100 gr de manteiga derretida no microondas
1 vaso de auga morna
Sal e azucre ou mel
Aceite para fritir.

MANEIRA DE FACELAS

Mesturase a manteiga coa auga morna e agréganselle os ovos, a sal, o anís e vaise engadindo tamén a fariña; formase unha masa que hai que traballar moito para que colla liga. Estírase ben fina e cortase en rectángulos. Logo frítese en abundante aceite.

Sérvense expolvoreadas con abundante azucre ou mel







FREIXÓS:

INGREDIENTES:
250 gr de fariña de trigo
3 ovos
30gr de manteiga
½ l de leite
5 gr de azucre
Unha pizca de sal

MANEIRA DE FACELOS
Derrétese a manteiga e deixase que se temple. Mesturámola co leite tamén morno e imos engadindo os ovos batidos, o azucre e a fariña, procurando que non se nos fagan grumos batemos ben hasta conseguir unha crema pouco espesa.

Deixámola repousar unha ou dúas horas e despois dise tempo, nunha tixola un pouco engrasada cun pouco de aceite, ponse un pouco de esa crema (a suficiente para que cubra todo o fondo da tixola) e extendémola por todo o fondo, procurando que nos quede o mais fina posible; cando calle dámoslle a volta para que se doure polo outro lado.

Pódense comer así ou enchelos con crema pasteleira, nata, chocolate ou tamén con cousas saladas.