de todo un pouco

Amosando publicacións coa etiqueta Flamenquiños de pan de molde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Flamenquiños de pan de molde. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de maio de 2012

Flamenquiños de pan de molde


                                                   


               Hoxe vou a darvos unha  receita fácil e moi sinxela de facer, non se tarda mais de cinco minutos en preparala e xeralmente fai as delicias dos mais novos da casa. Son uns flamenquiños de pan de molde que están moi bos
                      Ingredientes para 2 persoas:
Ø  4 rebadas de pan de molde
Ø  4 lonxas  de xamón York das cadradas
Ø  4 lonxas de queixo tipo  sándwich
Ø  1ovo
Ø  Pan raiado
Ø  Aceite para fritir
                    Maneira de facelos:

               En canto se vai quentando  o caceite na tixola, collemos as rebadas de pan de molde e aplastámolas un pouco con un rodillo para que queden mais finas. Despois colocamos unha lonxa de xamón e outra de queixo encima de cada rebada. Enrolamos dándolle forma de un flamenquiño e imos somerxido no ovo batido. Pasámolos por pan raiado e fritímolos en aceite ben quente hasta que queden dourados e xa están listos para comer.
               E importante que non se abran pero para evitar isto podemos cravalos con un palillo para fritilos.