de todo un pouco

Amosando publicacións coa etiqueta Os Covados de Belesar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os Covados de Belesar. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de marzo de 2012


RUTA DE SENDEIRISMO  “OS CÓBADOS  DE BELESAR”
A ruta arranca na bonita igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do sabiñao. Vai en lixeiro ascenso hasta o pobo de Galegos, e pouco a pouco chega a Diamondi, onde podemos visitar o Pazo das Cortes e a igrexa e o mosteiro de Diamondi, precioso patrimonio cultural en moi mala conservacion.



Os primeiros metros son asfaltados, xa que e o aceso o pobo de A Portela, a partir de aquí o camiño discorre por unha antiga vía romana que ia dende Monforte a Belesar en este último tramo conservase case que intacta a antiga vía romana que ten que salvar unha forte pendente en tres pronunciadas curvas, por iso recibe o nome de os cóbados de Belesar.

Durante o primeiro kilómetro é  medio, a vegetación  e moi  espesa a  os dous lados do camiño, castiñeros en primeiro  tramo para pasar a carballo , que será  o que predomine durante a maior parte do percorrido, formando carballeiras de gran beleza, onde as copas a penas deixan pasar os raios de sol. Esta falla de luz solar, en algúns tramos, crea zonas sombrizas de gran beleza, onde a cor verde do musgo cubre as pedras que forman os muros do camiño  e crea unha curiosa segunda pel nos troncos das árbores.


A pendente do camiño en este primeiro tramo e suave e contante, con un ancho de camiño de entre dous e tres metros, estando empedrado na maior parte do seu percorrido conservando case na totalidade o seu antigo trazado.
 Unha vez acabado este primeiro tramo, o camiño da un brusco xiro  a dereita, e así e como chegamos a so famosos Cóbados de Belesar. A pendente faise mais acusada, xa que temos de descender uns 300m en apenas 1 km de percorrido que nos resta para o pobo de Belesar.







             Agora os carballos son sustituidos  por muras de viñedos, algúns abandoados.  As vistas en esta parte do camiño son impresionantes, bonitas vistas do canon  polo que corre o río Miño entre marabillosas ribeiras dedicadas exclusivamente o cultivo do viño.
Por debaixo de nos xa podemos disfrutar da vela estampa que ofrece o pobo de Belesar, cò  seu embarcadoiro, desde onde parten os catamaráns que percorren o río Miño hasta o embalse de Os Peares.
200 m mais e o camiño da un novo xiro, esta vez a esquerda, facéndose o descenso aínda mais acusado, dende onde hai unha preciosa vista do pobo de Belesar e o seu entorno.
 A uns 500 metros encóntrase o pobo de  Belesar, pintoresco pobo fluvial a orillas do rio Miño que conserva o tipismo propio dende os seus comenzos, con vivendas en pedra de canteiría, fermosas galerías e calles moi estreitas.