Aurea Díaz Cabana, muller traballadora, comprometida, rural, naceu en Taboada hai 83 anos.
Os seus traballos comezaron cedo xa que, a idade temperá morre o seu pai e faise cargo da facenda coa súa nai e irmáns.
Cásase con 19 anos recién cumpridos sendo moi pobre pero feliz. O seu marido Julio enferma gravemente cando xa teñen 4 fillos moi pequenos que, según nos relata, son "paridos no medio de palla" (no que era entón a cociña). Dos catro fillos pode disfrutar a día de hoxe de dous solos, posto que un morre ó pouco tempod e nacer e outro xa casado, pero moi novo.
Aurea tivo que traballar dende moi nena e máis dende a enfermidade de Julio, o seu cónxuxe, pero aínda así sempre procurou que os nenos/as foran á escola, para ofrecerlles un mellor futuro.
Aurea enfermou gravemente, pero a súa fortaleza e as gañas de vivir foron dabondo como para sacar adiante a familia que tanto custou formar.
A día de hoxe é unha de tantas mulleres dignas de admiración... Damoslle as grazas por compartir a vida con nós.
Prometemos un vídeo feito no día de hoxe, no que o Concello pretende rendirlle unha íntima homenxe, e a traveso dela, ás moitas veciñas, donas que con forza e humildade van marcando a nosa historia máis cercana.
A esa muller do rural galego, que mantivo a unión da familia e levantou a economía da casa. A esa muller á que nunca se lle fixeron homenaxes, porque non os necesita nin os quere, vai o noso máis sinxelo recoñecemento.
Compartimos uns anaquiños da conversa que mantivemos con Aurea: