de todo un pouco

Amosando publicacións coa etiqueta Grelos con bacalao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Grelos con bacalao. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de febreiro de 2012

GRELOS CON BACALAO


INGREDIENTES:

2 mánollos  de grelos
2 lombos de bacalao por persoa.
1kg  de patacas
2 dentes de allo
Aceite de oliva
Un pouco de   pimentón.

MANEIRA DE FACELO:
                Poñemos  o bacalao a desalar polo menos  36 horas cambiándolle a auga varias veces.
               Limpiamos os grelos, e votámolos a  cocer nunha pota en auga fervendo, deixámolos que cozan ben.
               Cando xa logo están cocidos engadímoslles  unhas patacas picadas gordas procurando que non se nos desfagan o cocelas.
                Por outra banda, poñemos  unha pota con auga a ferver, e  emgadímoslle  o bacalao, deixámolo que coza durante uns  5 minutos.
               Poñemos o bacalao xa cocido encima dos grelos coas patacas e reservamos.
                  Poñemos unha tixola con aceite a quentar,  e douramos os allos, sacamos do lume e engadimos o pimenton;  botamos o refrito encima do bacalao e dos grelos e servimos.